Un ano máis, dentro das subvencións ás confrarías de pescadores, federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra, a Deputación Provincial concedéu unha axuda á Confraría San Telmo neste ano 2019 que contribuirá á modernización dos puntos de control dos bivalvos a través da instalación de dúas unidades de xestión, control e pesaxe de última xeneración. Estas unidades implicarán actualizar o proceso de control de pesaxe e tamaño, automatizando o mesmo. Cada mariscador/a disporá dunha tarxeta rfid coa que automáticamente xerará o impreso das súas capturas. Deste xeito deixarase de efectuar os vales de pesaxe de maneira manual como ata agora. Outa novidade é o trasvase dos datos das capturas directamente á base de datos da Lonxa de Campelo e á plataforma «pescadoartesanal.com». Con estas axudas refórzase tamén a seguridade dos puntos de control a través da instalación nas casetas onde radican os mesmos dun sistema de seguridade a través de cámaras e con conexión directa coas autoridades. Asimesmo, con esta axuda, que ascende a 13.810,37€, adquiríronse dúas cámaras de intervención personal para o Servizo de Gardapescas Marítimos da entidade, facilitando a súa loita contra os furtivos, así como se modernizaron a entrada da sede social da confraría e do local dos gardapescas.
Comentarios recientes