A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, concedera o ano pasado unha axuda á confraría de Pontevedra para o proxecto «Recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade en zonas enlodadas dos bancos de marisqueo a pé da Confraría de Pontevedra». A axuda concedida, financiada nun 75% polo FEMP, foi de 37.200 €, divididos en dúas anualidades correspondentes aos anos 2022 e 2023. As actividades financiadas neste ano 2023 consistiron en 14 xornadas de limpezas de algas e 34 de remoción do substrato, con embarcación e tractores en ambos casos, nos bancos a pé de Combarro, Ameixal, Polvorín e A Puntada, xornadas que se realizaron repartidas ao longo de todo o ano.