A retirada de estrela foi realizada por cinco mergulladores profesionáis da empresa Subdramar. Unha parte dos individuos retirados das zonas de alta densidade foron levados a terra e entregados a unha xestora de resíduos autorizada (Toysal), para o seu axeitado tratamento. As zonas de extracción escollidas pola súa alta densidade situáronse no entorno da Illa de Tambo-A Brensa e cara á costa na zona de Aguillóns. Os traballos realizáronse durante sete xornadas, entre o 11 e o 19 de novembro e foron financiados a través dunha axuda de 15.265,00€ da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar (75% fondos FEMP da UE, e 25% fondos da C.A.)

UNIÓN EUROPEA-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca