Coa concesión, por terceiro ano consecutivo, dunha axuda ao abeiro do III Plan Social na contorna de Pontevedra, ENCE segue a implicarse coa actividade marisqueira no fondo da ría de Pontevedra.

Dentro do proxecto «Control e renovación dos recursos marisqueiros no fondo da ría de Pontevedra-ENCE 2019», a pasteira concedéu unha importante axuda, dotada con 60.000€, á confraría San Telmo de Pontevedra. Dita axuda irá destinada ao reforzo da actividade do Servizo de Gardapescas Marítimos, permitindo una maior control de acceso aos recursos e unha maior vixilancia dos areáis, o que reforza tamén a loita contra o furtivismo.

Tamén se pretende reforzar a xestión administrativa da entidade, que se ve saturada a consecuencia das medidas anti covid-19 para levar a cabo tódalas tramitacións necesarias, tanto para a confraría como para os seus asociados.

Ao mesmo tempo preténdese incrementar a capacidade extractiva coa sembra de un millón e medio de unidades de cría de ameixa babosa nos areáis do ámbito territorial da entidade, co que se trataría de garantizar un maior rendemento económico aos mariscadores do fondo da ría de Pontevedra.