A Consellería do Mar volvéu conceder á confraría de pescadores San Telmo de Pontevedra unha axuda para a vixilancia dos bancos marisqueiros para o período comprendido entre o 01/07/2017 e o 30/06/2018. O importe da axuda foi de 54.450,00 €, dividido en dúas anualidades: 25.410,00 € no ano 2017 e 29.040,00 € no ano 2018. Estas axudas son fundamentáis para a entidade, por tanto permiten que o Servizo de Gardapescas Marítimos realicen o seu traballo de xeito máis eficiente nas tarefas de coidado, control, seguimento e vixilancia dos bancos marisqueiros do ámbito territorial da confraría, así como aquelas actividades de carácter administrativo que se deriven de ditos traballos.

Ditas axudas están financiadas polo FEMP nun 75% e cos recursos propios da Xunta de Galicia nun 25%.