A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, concedéu unha axuda á confraría de Pontevedra para o proxecto «Recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade en zonas enlodadas dos bancos de marisqueo a pé da Confraría de Pontevedra». A axuda concedida, financiada nun 75% polo FEMP, é por importe de 37.000 €, divididos en dúas anualidades correspondentes aos anos 2022 e 2023. As actividades financiadas neste ano 2022 consistiron en doce xornadas de limpezas de algas con embarcación nos bancos a pé de Combarro, Ameixal e Polvorín, xornadas que se realizaron repartidas nos meses de agosto e outubro.