De novo, dentro das subvencións as confrarías de pescadores/as, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra para inversións, a Deputación de Pontevedra concedéu unha subvención de 9.017,06€ á confraría San Telmo de Pontevedra. Neste caso a axuda destinarase a continuar coa modernización dos puntos de control do marisco coa adquisición de básculas que complementen os centros de xestión de pesaxe, tamaños e trazabilidade; asimesmo renovarase a equipación dos integrantes do Servizo de Gardapescas Marítimos da entidade; de igual xeito, tratando de axudar ao sector marisqueiro para que poida exercer a súa actividade de xeito máis seguro fronte a Covid-19 adquiriranse pantallas faciáis protectoras que se lle entregarán a cada mariscador.

Comentarios recientes