Dentro das subvencións correspondentes a 2021 a Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra concedéu unha importante axuda de 15.712,36€. Esta subvención fará posible, entre outros investimentos, a instalación dunha cuberta no punto de control de pesaxe e tamaños de Lourido, o que mellorará as condicións de traballo dos mariscadores e mariscadoras, puidendo estar protexidos das inclemencias climáticas extremas. Ademáis, con esta axuda, puidéronse adquirir dúas sillas para o personal de oficina, dispensadores de hidroxel fixos para poñer a disposición dos socios e traballadores da confraría, así como a actualización do equipamento de seguridade do Servizo de Gardapescas Marítimos da entidade.

SUBVENCIÓNS CONFRARÍAS DE PESCADORES 2021