Este importe invertiuse en equipamento para os gardapescas da entidade, tanto en vestimenta como en instrumental, permitindo unha mellor vixilancia dos bancos marisqueiros do ámbito territorial da confraría.

Ao mesmo tempo se dotóu ao Servizo de Gardapescas Marítimos dun equipo informático para realizar as súas tarefas administrativas, xunto cun servidor de seguridade, así como se lles acomodóu un despacho para o seu uso particular.

Ademáis adquiríronse gorras e chalecos para os socios, que colaboran nas labores de vixilancia dos bancos, sobre todo na época estival, por mor do turismo.

A estes investimentos hai que engadir a adquisición dunha báscula para a realización da criba no primeiro control de pesaxe no sector de marisqueo a flote, así como a reparación, tratamento e mantemento da caseta instalada no punto de control do Ameixal, en Lourido, o acondicionamento da canalización da auga na mesma finca e a mellora do peirao de carga das instalacións.

Resultado de imagen de logotipo deputacion de pontevedra