A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro concedéu a esta confraría unha axuda de 40.000 € para a rexeneración do banco marisqueiro de A Brensa a través da sembra de dous millóns de unidades de cría de ameixa babosa.

A axuda solicitóuse tras detectarse un descenso de biomasa de ameixa babosa no banco que facía prever unha preocupante falla de ameixa a corto e medio prazo. A sembra realizouse o pasado mes de setembro, co apoio da embarcación Lonxa de Campelo e con todas as autorizacións pertinentes.

Dita axuda está financiada nun 75% polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e nun 25% con fondos da Comunidade Autónoma.