O proxecto, financiado nun 85% polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), e que pretendía establecer as bases iniciáis para unha salvagarda prolongada no tempo, implementouse a través do Servizo de Gardapescas Marítimos da entidade, realizando unha supervisión do ámbito territorial da confraría para establecer criterios de mellora na salvagarda dos ecosistemas. Cos datos obtidos estableceuse un mapa de estado de zonas indicando qué accións son máis necesarias en cada unha delas (limpeza, control de especies invasoras, furtivismo, etc).
O proxecto finalizóu con dúas xornadas de sensibilización realizadas con escolares do concello de Poio e a colaboración deste concello.



Comentarios recientes