A axuda concedida por ENCE á confraría San Telmo, dentro do marco do Plan Social da pasteira, está permitindo que a actividade do pósito vexa suavizadas as dificultades económicas polas que están pasando as organizacións do sector do mar.

A situación negativa que se está a dar no sector do marisqueo no fondo da ría de Pontevedra, cunha elevada mortandade, e que obrigóu a ter que paralizar a actividade durante cando menos tres meses á espera de boas novas na evolución do bivalvo, puxo contra as cordas á confraría, que deste xeito vese sen os ingresos regulares dos que vive.

Placa permanente instalada na sede social da Confraría de Pontevedra.

Deste xeito, a axuda económica concedida por ENCE á confraría San Telmo supón un salvavidas moi importante para a continuación da súa actividade. A axuda, por importe de sesenta mil euros, destínase a implementación do proxecto «Dinamización e impulso socio-económico Confraría de Pontevedra-ENCE 2023», que permitirá reforzar a labor do personal de xestión e administración da confraría, ademáis de mellorar as condicións de traballo dos mariscadores e mariñeiros afiliados ao pósito.