Como xa ven sendo habitual a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, concedéu á Confraría de Pescadores San Telmo de Pontevedra unha axuda para apoiar ao Servizo de Gardapescas Marítimos da entidade nas súas funcións. As axudas supoñen un total de 58.080 €, repartidos entre o segundo semestre de 2020 e o primeiro de 2021, e son financiadas nun 75% polo FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DA PESCA (FEMP) e nun 25% pola propia Comunidade Autónoma.

Estas axudas son vitáis para a entidade dada a importancia das labores de vixilancia na loita contra o furtivismo e de control dos bancos marisqueiros e dos recursos marisqueiros e pesqueiros, labores que supoñen un gasto elevado e serían difíciles de manter pola confraría de non ser por este apoio.