Na liña dos últimos anos, a Consellería do Mar contribuíu ao fortalecemento e mantemento do Servizo de Gardapescas Marítimos desta entidade coa concesión dunha axuda por importe de 58.080,00€. Esta axuda contribúe a sufragar parte do salario de catro dos vixilantes e divídese en dúas anualidades, de 29.040,00 cada unha. O período que cubre esta axuda vai do 01/07/2018 ao 30/06/2019.
A concesión desta axuda contribúe a que os gardapescas realicen o seu traballo de xeito moito máis eficiente nas tarefas de coidado, control, seguimento e vixilancia dos bancos marisqueiros do ámbito territorial da confraría, destacando a loita contra o furtivismo, que nos últimos anos obtivo uns resultados excelentes, en permanente colaboración coas forzas e corpos de seguridade do Estado.
Estas axudas concédense gracias á Unión Europea, que as financia nun 75% con fondos FEMP, sendo o 25% restante financiado cos recursos propios da Xunta de Galicia.
Comentarios recientes