A Confraría de Pescadores de Pontevedra volvéu a ser beneficiaria do Plan Social de ENCE, neste caso para o proxecto denominado DINAMIZACIÓN E IMPULSO SOCIO-ECONÓMICO COFRADÍA DE PONTEVEDRA/ENCE 2023.
Este novo proxecto ten como obxectivo principal o reforzo administrativo e de xestión e mellora das condicións laboráis dos traballadores do mar e os mariscadores.
ENCE realizará unha aportación económica de 60.000 € á Confraría de Pontevedra, o que supón un apoio importantísimo para o pósito, máis tendo en conta as dificultades económicas que este leva sufrindo nos últimos anos, dificultades que sen as axudas recibidas nos diferentes Plans Sociáis de ENCE non se poderían superar.
A axuda destinarase ao fortalecimento da actividade de xestión e administrativa, co obxecto de aportar melloras e seguridade ao personal de oficina. Asimesmo adquiriranse contenedores para facilitar o mantemento e almacenaxe dos aparellos de pesca e o material de uso habitual nos puntos de control e as labores de semicultivo. Tamén se investirá na adquisición dunha balanza e un terminal móbil asociado para facilitar as labores de semicultivo no marisqueo a pé, evitando a sobreexplotación do recurso e minimizando as dolencias músculo-esqueléticas dos mariscadores.
Comentarios recientes