Como é habitual dende hai anos a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro concedéu unha axuda á Confraría de Pontevedra para a recuperación dos seus bancos marisqueiros. Neste caso para o proxecto «Recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade nos bancos de marisqueo a pé e da poboación no banco de Cantil de Combarro», que inclúe a realización dunha sementeira de ameixa babosa no cantil de Combarro, así como de catorce xornadas de remoción do substrato, seis xornadas de limpeza de algas con tractor e sete xornadas de limpeza de algas con barco nos bancos de Combarro, Ameixal e Polvorín.

A axuda ascende a 34.594€, financiados nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e nun 30% por recursos propios da propia Consellería do Mar.


UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura  (FEMP)