Dentro das axudas a Confrarías de Pescadores, Federación Provincial de Confrarías e Agrupacións de Mariscadoras, a Deputación de Pontevedra volvéu a conceder unha axuda á confraría San Telmo para a anualidade 2024.
A cantidade concedida é de 9.600€, que neste caso se destinan a gastos de personal, electricidade e combustible. Hai que salientar que dada a situación das confrarías nos últimos anos estas axudas son de gran importancia para as entidades, permitíndolles facer fronte a gastos vitáis para a súa subsistencia, convertindo á Deputación nun gran apoio para o pósito.

Comentarios recientes