A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, volvéu a colaborar na rexeneración dos bancos marisqueiros coa concesión dunha axuda á Confraría San Telmo para a semente de cría de ameixa xapónica. Dita axuda, financiada con fondos propios da Comunidade Autónoma Galega, ascendéu a 5.006,00€.

O proxecto consistiu nunha sementeira de ameixa xaponesa (15-18 mm.) nos bancos de Ameixal (PO 018) e Cantil de Campelo (PO 013-IIA) para axudar a mellorar a situación do stock e limitar a caída dos ingresos dos mariscadores a pe e a flote.
Previo á sementeira houbo un traballo de acondicionamento da zona e do sedimento.
Retiráronse as algas cun rastro específico, para a continuación remover o sedimento con outro rastro e, por último, control de depredadores. Para todas estas accións empregouse unha embarcación que Lonxa de Campelo AIE ten destinada a estas accións.
O 3 de xullo realizouse a sementeira da ameixa procedente de batea. A preparación da zona tivo lugar entre os días 29 de xuño e 2 de xullo.