Dentro das axudas que a Deputación Provincial de Pontevedra concede cada ano ás confrarías de pescadores, Federación Provincial de confrarías e Agrupacións de Mariscadoras da provincia, esta confraría foi beneficiaria dunha axuda, por importe de 6.680,00 €, para gastos correntes correspondentes ao ano 2025.

En concreto, nesta convocatoria xustificaranse gastos de electricidade (tanto da sede social da confraría como do punto de control que esta ten na zona do Ameixal), gastos de combustible (tanto da embarcación como dos vehículos de vixilancia e transporte do marisco) e gastos de asistencia contable, fiscal e organizativa.

Estas axudas son de moita importancia para as confrarías, nun momento en que se están a ver seriamente perxudicadas polas circunstancias adversas que produciron un longo período de inactividade dos mariscadores.