A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro concedéu unha axuda á Confraría de Pontevedra para o proxecto «Recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade nos bancos marisqueiros de flote e Combarro. Ría de Pontevedra».
Este proxecto supón a realización de 80 xornadas de limpeza e retirada de algas coa embarcación da Lonxa de Campelo, repartidas en dúas anualidades, 50 xornadas que se realizaron en 2024 e 30 no presente ano.
A cuantía da axuda ascende a 72.000€, dos que 40.000€ corresponden á anualidade 2024 e 32.000€ a 2025, financiados nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e nun 30% por fondos propios da Consellería do Mar.
Os resultados do proxecto responderon ós obxectivos inicialmente marcados.
A retirada das algas de arribazón sobre o sedimento conseguiu reducir da mortandade de bivalvos por anoxia e mellorou a estrutura sedimentaria nas zonas obxecto do proxecto. Ó tempo que se incrementou o stock e a densidade de xuvenís de bivalvos comerciais.



UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA)
Comentarios recientes