A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, concedéu unha axuda á Confraría de Pontevedra para o proxecto «Recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade dos bancos de marisqueo a flote e do banco de Combarro. Ría de Pontevedra», que inclúe traballos de limpeza e retirada de algas, así como de remoción de substrato nos bancos de marisqueo a pé de Combarro e nos bancos do Plan de Xestión dende embarcación de Brensa, Aguillóns, Tambo Norte, Cantís e Río Lérez.

A axuda concedida é de 75.000€, e está cofinanciada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) e nun 30% por fondos propios da Comunidade Autónoma.

Con este proxecto, que é de carácter bianual, preténdese mellorar a osixenación e a porosidade do substrato areoso, reducindo o máis posible a deposición de sedimentos finos e favorecendo a resuspensión daqueles elementos máis finos que xa se atopan nas capas altas do sedimento, así como misturar esa capa fina superficial con areas grosas que están máis profundas, enterradas pola sedimentación de finos.