A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, contribuíu a modernizar os puntos de control da confraría de pescadores de Pontevedra cunha axuda para a adquisición e instalación de dúas unidades de xestión da pesaxe nas casetas que a entidade dispón para tal fin. Estas axudas están financiadas nun 75% polo FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) e nun 25% con fondos propios da Comunidade Autónoma. O custo total do investimento ascendeu a 25.845,60€, dos que se concederon como axuda 21.360,00€, o que supón o 100% do total subvencionable, por canto o IVE está excluído das axudas.
Entradas recientes
- ENCE segue a ser fundamental para a viabilidade da Confraría de Pontevedra.
- A Deputación de Pontevedra concede unha axuda á confraría San Telmo.
- A Consellería do Mar segue a apoiar a vixilancia cunha nova axuda.
- A Confraría San Telmo beneficiada polo Plan Social de ENCE.
- Rematado con éxito o proxecto de biodiversidade nos bancos de marisqueo a pé.
Comentarios recientes