O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro RÍA DE PONTEVEDRA concedéu unha axuda á Confraría San Telmo para un primer proxecto destinado á salvagarda dos ecosistemas mariños no ámbito territorial do pósito pontevedrés. Dita axuda é por importe de 30.559,03 dos que o 85% son financiados polo FEMP. O proxecto pretende, a través da utilización do Servizo de Gardapescas Marítimos da entidade, comenzar a vixilar, controlar e supervisar o ámbito territorial da confraría de cara á salvagarda do ecosistema dende o punto de vista ambiental e de loita contra o cambio climático. Se as circunstancias o permiten tratarase de colaborar con asociacións ecoloxistas na procura de dar maior visibilidade ao proxecto.
O GALP RÍA DE PONTEVEDRA FINANCIA UN PRIMEIRO PROXECTO PARA A SALVAGARDA DO ECOSISTEMA NO ÁMBITO DA CONFRARÍA DE PONTEVEDRA
por admin | Mar 9, 2022 | Noticias | 0 Comentarios
Comentarios recientes