A través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra á confraría San Telmo foille concedida unha axuda, por importe de 34.033,84€, para a modernización do punto de control de A Seca coa instalación de dous centros integráis de xestión e control da pesaxe. O proxecto, denominado «Mellora da Trazabilidade no punto de control de A Seca», e que é financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) da UE, permitíu acadar os obxectivos desexados de mellorar a eficiencia no control de tamaños e pesaxe dos bivalvos, así como garantizar a trazabilidade dos mesmos. A través da automatización do cribado e pesaxe, así como da emisión dos tickets correspondentes por impresión láser afórrase tempo nas esperas que os mariscadores teñen que facer ao finalizar a xornada de extracción. Asimesmo, o proxecto inclúe o abono de parte da xornada laboral dun gardapesca marítimo que manexa os centros e supervisa as operacións.