Continuando co impulso que a Consellería do Mar leva dando dende hai anos ás confrarías, á Confraría de pescadores San Telmo se lle concedéu de novo unha axuda, financiada polo FEMP, para fortalecer as labores de vixilancia e control dos recursos no seu ámbito territorial. A axuda total é de 58.080€ dividida en dúas anualidades de 29.040€ correspondentes ao segundo semestre de 2019 e o primeiro de 2020. Esta axuda permite que as labores do Servizo de Gardapescas Marítimos da confraría sexan desenvolvidas con maior eficiencia e seguridade ademáis de permitir un mellor control dos recursos e mellores garantías de cara á loita contra o furtivismo. As axudas están cofinanciadas polo FEMP nun 75%, correndo o restante 25% á cargo da administración autonómica.