A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro volvéu a conceder unha importante axuda á Confraría de Pontevedra para o Servizo de Gardapescas Marítimos. Trátase da comúnmente chamada «Axuda da Vixilancia», dentro dun proxecto que contribúe á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental. A axuda ascende a 51.375,72€ e está financiada nun 75% polo Fondo Europeo Mar´ítimo e da Pesca (FEMP).

Esta axuda permitirá aos gardapescas ser máis efectivos no control e seguimento das actividades pesqueiras ademáis da integración dos obxectivos de conservación, das medidas de xestión e das actividades de vixilancia.